Adrián Pumares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1989 (35 anos) Llaviana, España |
Deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias | |
24 de xuño de 2019 – | |
Q72550816 | |
28 de setembro de 2018 – | |
Q64815369 | |
xuño de 2015 – outubro de 2016 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Foro Asturias |
Adrián Pumares Suárez, nado en Llaviana o 14 de xuño de 1989, é un político asturiano. Secretario xeral de Foro Asturies e deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en economía na Universidade de Oviedo. Xogou ao rugbi no Pilier Rugby Club nas ligas rexionais de afeccionados. Dirixiu a área de economía de Foro Asturias, foi secretario xeral local do seu partido e concelleiro en Llaviana dende o 13 de xuño de 2015 ao 12 de outubro de 2016, ao deixar o cargo por razóns laborais[1].
Dende novembro de 2018 é o secretario xeral de Foro Asturias, deputado dende o 24 de xuño de 2019 e o seu voceiro na Xunta Xeral do Principado de Asturias[2][3]. Durante os debates da reforma do Estatuto de Autonomía na Xunta Xeral a finais de 2021 para facer do asturiano e do galego de Asturias linguas oficiais na autonomía, no que o seu voto era decisivo e no que defendeu un apoio condicionado, sufriu ataques por parte de partidos e organizacións contrarias a esa oficialidade[4]. No V Congreso do seu partido, en setembro de 2022, elixírono como candidato á Presidencia de Asturias nas eleccións de maio de 2023 [5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dimite Adrián Pumares, el único edil de Foro en Laviana, por motivos laborales". El Comercio. 12 de outubro de 2016.
- ↑ "Moriyón propone a Adrián Pumares como nuevo secretario general de Foro". Europa Press. 28 de setembro de 2018.
- ↑ "Adrián Pumares, número dos de Foro en las autonómicas". La Nueva España. 15 de abril de 2019.
- ↑ "El acoso a Pumares por la oficialidad salta a las vallas y ahora con firma". La Voz de Asturias. 14 de outubro de 2021.
- ↑ "Adrián Pumares, candidato de Foro Asturias a la Presidencia del Principado". miGijón. 1 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a Adrián Pumares sobre a reforma do Estatuto de Autonomía Alderiques en Twitch.